Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 178

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións municipais do concello de Vimianzo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vimianzo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

Dependencia: Secretaría do Concello de Vimianzo.

Enderezo: Praza do Concello, 6.

15129 Vimianzo (A Coruña).

Teléfono: 981 71 60 01 ext. 1203; fax: 981 71 66 50.

Correo electrónico: secretaria@vimianzo.es

Perfil do contratante: www.vimianzo.gal

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións municipais do concello de Vimianzo.

c) Lugar de execución: en distintos puntos do termo municipal.

d) Duración do contrato: un ano.

e) Admisión de prórroga: prorrogable por un ano máis.

f) Codificación do contrato:

CPV 2008: 31154000-0 (subministración ininterrompida de enerxía eléctrica).

09310000-5 (electricidade).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Contrato suxeito a regulación harmonizada.

d) Criterios de adxudicación do contrato: os criterios contidos na cláusula 13ª do prego e coa ponderación que nel se sinala e que se publicará no perfil do contratante: www.vimianzo.gal.

4. Valor estimado e orzamento de licitación.

Valor estimado: 541.619,56 €, IVE non incluído.

Orzamento de licitación: 312.536,99 €, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2 % do orzamento do contrato, excluído o IVE.

Definitiva: 5 % do prezo de licitación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Habilitación empresarial: a exixida na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica ou profesional: acreditarase polo medio previsto no artigo 77.1.a) do TRLCSP: relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado delas. A subministración efectuada acreditarase mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

d) Solvencia económica: acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 75 do TRLCSP.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 40 días, contados dende a data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (data do envío: 23.12.2016). O prazo de presentación de ofertas remata o 1 de febreiro de 2017.

Horario de rexistro: das 8.00 ás 15.00 horas (luns a venres).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello de Vimianzo ou en calquera outro dos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, caso en que deberá remitirse mediante fax ou telegrama ao Concello, no mesmo día.

8. Apertura de ofertas.

Publicaranse no perfil do contratante o lugar, a data e a hora de apertura de ofertas.

9. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación en medios de comunicación ou diarios e boletíns oficiais.

Vimianzo, 26 de decembro de 2016

Manuel Antelo Pazos
Alcalde