Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente PES-OU-31/2016-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5ªº andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 14 de decembro de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-31/2016-V.

Interesado: Carlos Fernando da Fonte Ribeiro.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.

Expediente: PES-OU-88/2016-V.

Interesado: Celso Limia Fidalgo.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.

Expediente: PES-OU-89/2016-V.

Interesado: Celso Limia Fidalgo.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.

Expediente: PES-OU-90/2016-V.

Interesado: Iulian Stoia.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.