Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos do servizo de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados das catro provincias galegas, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020 (catro lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 37/2015 CN.

d) Enderzo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23919

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados das catro provincias galegas.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 77310000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 304.940,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 304.940,00 €. Importe total: 368.977,40 €.

6. Dotación por lotes:

a) Lote 1. Provincia da Coruña. Importe neto: 81.507,38 €. Importe total: 98.623,93 €.

b) Lote 2. Provincia de Lugo. Importe neto: 76.915,02 €. Importe total: 93.067,17 €.

c) Lote 3. Provincia de Ourense. Importe neto: 63.293,98 €. Importe total: 76.585,72 €.

d) Lote 4. Provincia de Pontevedra. Importe neto: 83.223,63 €. Importe total: 100.700,59 €.

7. Financiamento. Esta contratación finánciaa o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020. Encádrase na medida 7 (servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais), submedida 7.60 (estudos e investimentos vinculados á conservación do patrimonio cultural, natural e a sensibilización ecolóxica).

8. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 17 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

c) Adxudicataria: Eulen, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 60.500,00 €. Importe total con IVE: 73.205,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

9. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 17 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

c) Adxudicataria: Eulen, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 57.000,00 €. Importe total con IVE: 68.970,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

10. Formalización do contrato do lote 3:

a) Data de adxudicación: 17 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

c) Adxudicataria: Servitec Medioambiente, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 43.508,28 €. Importe total con IVE: 52.645,02 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

11. Formalización do contrato do lote 4:

a) Data de adxudicación: 17 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

c) Adxudicataria: Eulen, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 68.000,00 €. Importe total con IVE: 82.280,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio