Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para os traballos de restauración da cabeceira (pintura mural e retablo) da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, no concello de Chantada (Lugo), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1 (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=51199

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 140, do 26 de xullo de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: traballos de restauración da cabeceira (pintura mural e retablo) da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, no concello de Chantada (Lugo), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 50.000 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 23 de novembro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 7 de decembro de 2016.

c) Contratista: Crea Restauración, S.L.

d) Importe de adxudicación: 43.458,04 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria