Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2016 pola que se convoca a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, trámite ordinario, do servizo consistente na realización de actividades de dinamización, formación e asesoramento de proxectos de emprendemento colectivo no marco da Rede Eusumo de promoción do cooperativismo e a economía social (expediente 7/2016 SXE).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 7/2016 SXE.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo consistente na realización de actividades de dinamización, formación e asesoramento de proxectos de emprendemento colectivo no marco da Rede Eusumo de promoción do cooperativismo e a economía social.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: na totalidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado nas cláusulas 2.4 e 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo non superior ao fixado orixinariamente.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 9839000-3 Outros servizos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 6 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: trescentos setenta e tres mil oitocentos noventa euros (373.890,00 €), IVE incluído, distribuído do seguinte xeito:

Ano 2017: 128.000,00 + 26.880,00 (IVE 21 %) = 154.880,00 €.

Ano 2018: 155.000,00 + 32.550,00 (IVE 21 %) = 187.550,00 €.

Ano 2019: 26.000,00 + 5.460,00 (IVE 21 %) = 31.460,00 €.

5. Valor estimado do contrato: seiscentos dezaoito mil euros (618.000,00 €), incluídas as posibles modificacións e prórroga (excluído o imposto sobre o valor engadido).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase a cláusula 8.1.1.e) e f), respectivamente, do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela) e deberá ir dirixida á Secretaría Xeral Técnica. Servizo de Proxectos e Obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantificables mediante xuízos de valor.

Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

 http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93996

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
PD. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria