Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2016 que modifica a Resolución do 16 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de servizos de seguridade e vixilancia en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería (área de Cultura): Museo Massó de Bueu, Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra e Biblioteca Pública de Vigo (contratación documentalmente simplificada).

Logo de advertir un erro no prego de prescricións técnicas que rexe na dita licitación,

DISPOÑO:

Primeiro. Realizar as modificacións oportunas no dito prego:

No punto 2: onde di: «Biblioteca Pública Antonio Odriozola en Pontevedra: desde as 8.45 horas ata as 21.30 horas...», debe dicir: «Biblioteca Pública Antonio Odriozola en Pontevedra: desde as 7.45 horas ata as 21.30 horas...», e onde di: «Biblioteca Pública de Vigo: desde as 8.45 horas ata as 21.30 horas...», debe dicir: «Biblioteca Pública de Vigo: desde as 7.45 horas ata as 21.30 horas...».

O texto corrixido poderá consultarse no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93758

Segundo. A publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia modifica o prazo de presentación das ofertas, que rematará ás 19.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo for inhábil prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria