Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 56905

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 23 de decembro de 2016 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2017.

A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, define o marisqueo como o exercicio da actividade extractiva, desenvolvida a pé ou desde embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.

En consonancia co anteriormente exposto, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, establece que a extracción de marisco estará suxeita ao Plan xeral de explotación marisqueira aprobado con carácter anual pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (hoxe en día Consellería do Mar).

Nesta orde establécese o réxime necesario para que a explotación marisqueira en Galicia se realice, durante todo o ano, coas garantías dunha boa xestión do recurso.

A través dos plans desenvólvese o sistema de coxestión dos recursos marisqueiros entre a Administración e o sector.

O mecanismo de elaboración do Plan xeral permítelles ás entidades asociativas do sector a participación activa na xestión dos recursos marisqueiros mediante a presentación de plans de explotación para as autorizacións e para as zonas de libre marisqueo nas cales procuran unha mellora da explotación con respecto ás normas xerais de libre marisqueo. Adquiren especial relevancia as actividades de semicultivo e rexeneración, control e vixilancia que prevén os plans de explotación, elemento fundamental para a recuperación e mellora das zonas produtivas.

Sen prexuízo do exposto, a Administración avalía o réxime de xestión da explotación dos recursos tendo en conta as variables biolóxicas e o estado dos stocks, así como as variables socioeconómicas da xestión e, se procede, introduce as melloras necesarias, co fin de asegurar unha explotación sustentable e acadar unha maior rendibilidade económica.

Os plans de explotación son o resultado dun estudo continuado da evolución dos recursos e do hábitat. Moitos dos traballos realizados para a elaboración e desenvolvemento dos plans de xestión achegan información que pode ser encadrada nos descritores e indicadores definidos pola Directiva marco sobre a estratexia mariña (DMEM) como criterios para definir o bo estado ambiental.

A partir do ano 2017, os plans de xestión incorporarán información estandarizada que pode encadrarse nos descritores 1, 2, 3, 6 e 10 da DMEM. Os resultados da información ambiental do plan de xestión recollida ao longo de toda a costa galega para ser tratada como descritora do estado dos recursos mariños e do medio mariño confírenlle un gran potencial debido á súa extensión no espazo e á súa continuidade no tempo.

Cando se dean circunstancias de forza maior que dificulten ou impidan o desenvolvemento previsto do plan de xestión, as xefaturas territoriais, competentes para autorizar a actividade extractiva poderán adaptar as medidas de xestión co obxecto de optimizar o rendemento biolóxico e económico dos bancos marisqueiros.

A orde regula, así mesmo, e como medida para unha mellor conservación, os períodos autorizados para a extracción dos diferentes crustáceos, tendo en conta os datos científicos dispoñibles.

As medidas de xestión para a explotación da centola, boi e do polbo desenvolveranse a través de plans de xestión específicos para estas pesqueiras. De igual xeito, o uso do bou de vara e o bou de man para a extracción de moluscos bivalvos autorizarase a través dun plan de xestión para estas modalidades.

As entidades asociativas do sector, no ámbito dos plans de explotación marisqueira, poden reservar zonas en que as persoas titulares de licenzas marítimas de pesca recreativa poidan capturar ata 50 poliquetos ao día, sempre que non interfiran coa actividade marisqueira.

As entidades asociativas titulares de plans de explotación poderán levar a cabo o control destas actuacións, no marco das operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies que están a realizar.

As zonas reservadas polas entidades para esta actividade estarán publicadas na páxina web http://www.xunta.gal/mar e poderán ser actualizadas durante este ano.

Polo tanto, examinados os plans de explotación remitidos polas entidades, consultadas estas na elaboración das normas relativas ás zonas de libre marisqueo, vistos os informes emitidos polo persoal técnico desta consellería, e de conformidade co disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto aprobar o conxunto de normas e orientacións destinadas á regular e programar a extracción do marisco para o ano 2017.

2. Tamén é obxecto desta orde regular as solicitudes e prazos para:

a) A presentación dos plans experimentais para os anos 2017.

b) A presentación dos plans de explotación marisqueira para o ano 2018.

Artigo 2. Plans de explotación en autorizacións marisqueiras

1. Apróbanse os plans de explotación para o ano 2017, para as zonas de autorización, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro A. Os plans de explotación desenvolveranse conforme o establecido no artigo 6 desta orde e as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

2. A explotación das autorizacións marisqueiras para as cales non se presentaron plans de explotación, ou para aquelas en que se presentaron pero non foron aprobados, rexerase polo disposto no artigo 4 para as zonas de libre marisqueo.

Artigo 3. Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo

1. Apróbanse os plans de explotación para o ano 2017, para as zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades asociativas do sector que se relacionan no cadro B. Os plans de explotación desenvolveranse conforme o establecido no artigo 6 desta orde e as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

2. A explotación das zonas para as cales non se presentaron plans específicos de explotación ou para aquelas en que se presentaron pero non foron aprobados rexerase polo disposto no artigo 4 para as zonas de libre marisqueo.

3. Se non existe acordo de repartición da zona de traballo entre os sectores de marisqueo a pé e desde embarcación, as zonas dos dous sectores quedarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

Artigo 4. Zonas de libre marisqueo para o ano 2017

1. Como norma xeral, autorízase a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico, desde o 2 de xaneiro ao 31 de marzo e desde o 2 de outubro ao 29 de decembro.

2. As cotas máximas de captura para as zonas de libre marisqueo na ría de Arousa serán as recollidas no cadro C, e para o resto das zonas de libre marisqueo serán as recollidas no cadro D. As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola dirección xeral competente en materia de marisqueo dependendo do estado do recurso.

3. Para traballar con rastro de vieira ou voandeira (para voandeira, zamburiña, ostra e rabioso) nas zonas de libre marisqueo remitirase a solicitude á dirección xeral competente en materia de marisqueo, cunha anticipación mínima de 10 días á data de inicio da extracción, especificando a relación de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo, de conformidade co disposto no artigo 155 do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As zonas de traballo dos sectores de marisqueo a pé e desde embarcación nas zonas de libre marisqueo estarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

Artigo 5. Crustáceos

Os períodos autorizados no ano 2017 para a extracción das especies de crustáceos establécense no cadro E.

Artigo 6. O desenvolvemento dos plans de explotación aprobados para o ano 2017

1. As entidades titulares de plans de explotación aprobados dirixirán as solicitudes para o desenvolvemento da actividade ás xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar.

2. A presentación de solicitudes realizarse de conformidade co artigo 14.

3. Os formularios normalizados a que se refire o punto anterior correspóndense co anexo IV, para os plans nas autorizacións marisqueiras, e co anexo III para o resto dos plans de explotación.

4. Xunto coa solicitude achegaranse os datos de explotación do mes anterior necesarios para o seguimento e xestión dos bancos, de acordo coas indicacións do persoal técnico da consellería responsables de emitir informe sobre a solicitude. Non será necesaria a achega destes datos sempre e cando estean dispoñibles na páxina de seguimento técnico habilitada para a consulta desta información.

5. As xefaturas territoriais, de acordo co previsto no plan de explotación, ditarán resolución en que se autorice ou denegue a extracción, con expresión das datas concretas da actividade e demais normas necesarias para o desenvolvemento do plan de explotación.

A falta de resolución expresa determinará a autorización presunta da actividade sempre que a solicitude se presentase cunha anticipación mínima de 15 días á data de inicio da actividade; doutra forma considerarase desestimada.

Artigo 7. Adaptación das medidas de xestión durante o desenvolvemento do plan

1. As medidas de xestión aprobadas poderán ser adaptadas, mediante orde da consellería, cando se produzan circunstancias de forza maior ou debidamente xustificadas que dificultan ou impidan o desenvolvemento previsto do plan de xestión. Entre estas circunstancias estarían, entre outras, os episodios de biotoxinas, a mortalidade dos recursos ou cambios imprevistos na clasificación das zonas de produción.

2. A Consellería do Mar poderá autorizar a adaptación das medidas dos plans de xestión co obxecto de optimizar o rendemento biolóxico e económico dos bancos marisqueiros.

3. A Consellería do Mar, coas autorizacións mensuais da actividade, poderá adaptar as medidas de xestión ás anteditas circunstancias cando exista:

a) Solicitude motivada da entidade titular do plan de xestión avalada por informe do seu técnico.

b) Informe favorable sobre o estado dos recursos emitido polos persoal técnico da consellería.

c) Informe favorable de servizo competente en materia de marisqueo.

Artigo 8. Dos plans experimentais para o ano 2017

1. A Consellería do Mar poderá aprobar plans experimentais para o uso de útiles, equipos e técnicas para o marisqueo a pé, o marisqueo desde embarcación e recursos específicos, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro.

2. As entidades asociativas do sector dirixirán as súas solicitudes á dirección xeral competente en materia de marisqueo, cunha anticipación mínima de dous meses á data prevista para o inicio da actividade.

3. A presentación de solicitudes realizarse de conformidade co artigo 14.

4. O formulario normalizado correspóndese co anexo II desta orde. Xunto co formulario debe presentarse o plan experimental.

Artigo 9. Emenda da solicitude dos plans experimentais

1. A dirección xeral competente en materia de marisqueo, como órgano responsable da tramitación da solicitude, comprobará que reúne todos os requisitos. En caso contrario, requiriranse as entidades para que, nun prazo de 10 días, remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar a solicitude do plan experimental. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Non se aplicará o disposto no parágrafo 1 a aquelas solicitudes que non conteñan como mínimo os aspectos que se indican a continuación, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:

a) Xustificación e obxectivos do plan experimental.

b) Obxectivos de explotación.

c) Avaliación do recurso realizada e/ou valoracións realizadas sobre o uso e as características dos útiles, equipementos e técnicas para o marisqueo.

d) Plan de extracción e comercialización.

e) Plan financeiro.

Artigo 10. Resolución

1. A resolución das solicitudes presentadas correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de dous meses, contados a partir da data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes de conformidade co disposto no artigo 24.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 11. Dos plans de explotación para o ano 2018

1. As entidades asociativas do sector dirixirán as súas solicitudes á dirección xeral competente en materia de marisqueo antes do 1 de novembro de 2017.

2. A presentación de solicitudes deberase realizar de conformidade co artigo 14.

3. O formulario normalizado a que se refire o número anterior correspóndese co anexo I desta orde. Xunto co formulario debe presentarse o plan de explotación.

Artigo 12. Emenda da solicitude

1. As xefaturas territoriais, como órganos responsables da tramitación da solicitude, comprobarán que reúnen todos os requisitos. En caso contrario, requiriranse as entidades para que, nun prazo de 10 días, remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar o plan. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Non se aplicará o disposto no parágrafo 1 a aquelas solicitudes que non conteñan como mínimo os aspectos que se indican a continuación, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:

a) Obxectivos de explotación.

b) Avaliación do recurso.

c) Plan de extracción e comercialización.

d) Plan financeiro.

Artigo 13. Aprobación

Os plans de explotación serán aprobados mediante orde da Consellería do Mar con anterioridade ao inicio do ano.

Artigo 14. Presentación de solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica, por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que deberán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

Artigo 15 . Notificacións

1. As notificacións que se practiquen nos procedementos habilitados nesta orde deberán realizarse nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións practicaranse por medios electrónicos porque as persoas interesadas están obrigadas a recibilas por esta vía, de acordo co disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede da Xunta de Galicia (https://notifica.xunta.gal). De acordo coa normativa vixente en materia de desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e a hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como o de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitirlles ás persoas interesadas avisos de posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para efectos de notificación.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

4. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que se accedese ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite e continuarase o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

5. Se a notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

6. A notificación realizarase conforme o disposto nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 16. Autorizacións

As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderanse acoller ao establecido no artigo 53.1.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á resolución.

Artigo 17. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado “Relacións administrativas coa cidadanía e entidades”, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro e a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través do correo electrónico: sxt.mar@xunta.gal.

Disposición adicional primeira. Rastros remolcados

Os rastros remolcados definidos na sección cuarta do capítulo IV do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, só poderán capturar especies acompañantes nunha porcentaxe inferior ao 10 % do peso total das especies obxectivo, sempre e cando non estean sometidas a un plan de explotación aprobado pola Consellería do Mar, cumpran os tamaños mínimos e non estean en veda.

Disposición adicional segunda. Ampliación do número de embarcacións coa modalidade de marisqueo con vara

En virtude do disposto na disposición adicional terceira da Orde do 26 de outubro de 2004, pola que se regula a alternancia de artes para embarcacións que pesquen en augas da Comunidade Autónoma de Galicia, e durante a vixencia desta orde, naqueles plans de explotación en que os datos resultantes do seguimento da explotación, a situación social do sector e os estudos sobre o estado dos recursos así o permitan, poderase incrementar o número de embarcacións coa modalidade de marisqueo con vara, sen prexuízo das limitacións e condicións establecidas para cada un dos plans de explotación.

O incremento das persoas participantes aprobadas nos plans de explotación de marisqueo con vara realizarase segundo a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro do 22 de outubro de 2013 pola que se aproba o baremo para incrementar o número de cotas nas embarcacións que xa participan nun plan de xestión, e para acceder á modalidade de marisqueo con vara no permiso de explotación no marco dun plan de xestión.

Disposición adicional terceira. Permisos de explotación

Segundo o disposto no artigo 2.1 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación, e non serán recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades.

Disposición adicional cuarta. A extracción de marisco nas vésperas de festivos

Con carácter xeral, autorízase a extracción de marisco nas vésperas de festivos durante todo o ano 2017, sempre e cando o estado dos recursos o permita.

Disposición adicional quinta. Extracción de mexillón silvestre

1. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da dirección xeral competente en materia de marisqueo.

2. No marco dos plans de explotación poderase autorizar a extracción de mexillón silvestre cando a súa proliferación provoque efectos adversos na produción marisqueira e sempre que proceda de accións de mellora, acondicionamento ou recuperación de bancos marisqueiros.

Disposición adicional sexta. O emprego do mergullo nos plans de explotación

Segundo a Orde do 23 de abril de 1999, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, modificada pola Orde do 13 de xuño de 2001, a aprobación dos plans con arte ou modalidade mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e períodos de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola xefatura territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguranza, outorgada pola autoridade marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguranza para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposición adicional sétima. Zonas de extracción de poliquetos por persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie

Dentro do ámbito dos plans de explotación marisqueira poden preverse zonas para que as persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie poidan capturar un máximo de 50 poliquetos/día sen interferir coa actividade extractiva.

Na páxina web http://www.xunta.gal/mar publicaranse as zonas que as entidades asociativas do sector titulares de plans de explotación marisqueira, de ser o caso, reservarán para a extracción de poliquetos para pesca marítima de recreo en superficie.

Disposición derradeira primeira. Consulta dos plans de explotación

Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes.

Disposición derradeira segunda. Facultade de desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da xestión dos recursos e na procura dunha explotación sustentable destes, adopte as medidas de xestión necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polo persoal técnico.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade

Especies(2)

Zona de traballo

Días máx. de extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

A.M. Fonte Santa Helena-Baldaio

A pé

AF, AX, B, LonV, O

Lagoas de Baldaio

30

De xaneiro a decembro

Fonte Santa Helena

A.M. Esteiro do Río Anllóns

A pé

B, AX

Zona de autorización (marxe dereita da enseada do río Anllóns, entre illa Cagallóns e liña de punta Revoltas e enseada de Insua

90

De xaneiro a decembro

Pedras de Cambón, O Pendón, Ourixeira, Lodeiro

C.P. A Coruña

A pé

Embarc.

AF, AB, B, AX , O, OX

Zonas de autorización da parte interna da ría do Burgo, entre a ponte da Pasaxe e a ponte do Burgo

A pé: 40

Embarc.: 50

De xaneiro a decembro

A pé: baixo do edificio Copigal (Oleiros). Embarcación: As Xubias (A Coruña)

C.P. A Pobra do Caramiñal

A pé

AF, AX, AB, B, LonV

De punta Galduario a punta Peralto

178

Xaneiro e de marzo a decembro

Areal, Friscos, Franco e lonxa da Pobra

C.P. A Pobra do Caramiñal

Embarc.

AF, AX, AB, B, Abc AR, C, R

De punta Galduario a punta Peralto

150

Xaneiro, abril a setembro, e decembro

Embarcacións de vixilancia, peirao Onza de Oro en Escarabote e porto da Pobra (pantalán atracada)

C.P. Aguiño

Embarc.

AB, AR, C, R

Zona de autorización

234

De xaneiro a decembro

Zona de traballo. Peirao de Aguiño. En condicións do mar adversas: peirao de Ribeira e peirao do Castro

C.P. Barallobre

A pé

AB, AF, AX, B, O, Abc, Cm, OX, L, N, Lon

Praias de Barallobre e Maniños

124

De xaneiro a decembro

Praia de Maniños: saída de “Paca” e saída da Telleira.

Praia de Barallobre: rampla fronte á confraría, rampla subida da praia e subida do Ramo

Lonxa de Barallobre

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade

Especies(2)

Zona de traballo

Días máx. de extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Cabo de Cruz

A pé

AB, AF, AX, B, LonV, R

Entre punta Peralto e punta Pedra Rubia

202

De xaneiro a decembro

Praia de Barraña: desembocadura do río Coroño, antigas colonias de verán, centro de saúde e baixada a Xión.

Praia da Retorta: baixada á praia da Retorta.

Ladeira do Chazo: rampa de Angazos e ladeira do Chazo.

Praia de Mañóns: baixada de Triñans, baixada de Carmón, aparcamento de Mañóns e baixada ás Redondas

C.P. Cabo de Cruz

Embarc.

AF, AX, AB, B, Abc, AR, C, R

Entre punta Peralto e punta Pedra Rubia

196

De xaneiro a decembro con rotación de zonas

Embarcación da confraría nas zonas de traballo

C.P. Camariñas

A pé

Embarc.

AF, AX, AB, B, Lon, LonV, Cm

De punta Lago a punta Roda, de punta Sandía a punta Roda, de punta Sandía a punta Insuela, enseada da Vasa

192

Solén.: 30

Cm: 30

De xaneiro a decembro

Solénidos: de xaneiro a setembro

Cm: de xaneiro a marzo e de setembro a outubro

A Vasa (Fraga do Medio, ponte de Arroio-Trasteiro), A Paxariña, Area da Vila e Linguade, Canal Río Ponte-Ariña (Ariño, Leis)

C.P. Cariño

A pé

AF, AB, AX, B, LonV, OX

Autorizacións da confraría de Cariño (marxe esquerda da ría de Ortigueira) entre punta Figueiroa e punta Leixa

100

LonV: 30

De xaneiro a decembro

LonV: de xullo a setembro

Punta Figueroa, punta Sismundi, peirao de Sismundi, Macelos, punta Promontorio e punta Fornelos

C.P. Cedeira

A pé

B, AF, Cm

Enseada de Esteiro e enseada de Pantín

208

De xaneiro a decembro

O Cubilote na enseada de Esteiro, O Alfunil na enseada de Pantín e a Casa do Pescador en Cedeira

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade

Especies(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Espasante

A pé

AF, AB, AX, B,

LonV, Cm, L, O, OX

Desde o sur peirao de Ortigueira-punta do Pinar- punta Pedrouselo; peirao de Ortigueira-punta Mouras-punta Canteira-punta Cabalar-praia San Martín; entre peirao de Ortigueira e punta Gándara e a enseada de Ladrido, entre Pena de Foz e Pena de S. Pedro

150

De xaneiro a decembro

Peiraos de Ortigueira e Ladrido, Cano de Cabalar, Lagarea

C.P. Ferrol e Barallobre (plan conxunto)

A pé

Embarc.

AB, AF, AX, B, C, R, O

As Pías interna: delimitada pola liña imaxinaria que une o extremo oeste co extremo leste da ponte das Pías cara ao interior da ría, agás a enseada da Gándara. As Pías externa: delimitada entre a liña imaxinaria que une o extremo oeste co extremo leste da ponte das Pías e a liña imaxinaria que une o extremo leste da ponte das Pías coa punta do Montón. Zona delimitada entre a liña imaxinaria que une o extremo leste da ponte das Pías coa punta do Montón e a liña imaxinaria que une o peirao de Caranza co peirao de Astano. Autorización enseada Cabana-A Malata.

180

As Pías interna: de xaneiro a maio e de outubro a decembro

Resto zonas: de maio a novembro

Zonas de extracción e lonxas de Ferrol e Barallobre

C.P. Ferrol

A pé

AF, AB, AX, B, O, N

San Felipe, enseada de Cabana-A Malata, praia de Caranza-Montón, de punta Cornida á ponte do tren (entre o banco das Pías e a liña de costa), praia da Graña, entre a cetaria de San Felipe e punta Vispón e enseada de Laxe entre punta das Vellas e o castelo de San Felipe.

180

De xaneiro a decembro

Zona de extracción e Lonxa de Ferrol

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade

Especies(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Miño

A pé

Embarc.

AF, AB, B, O, AX, LonV, Cm

Entre final da praia grande de Miño e punta Allo e entre a canle de Hervás e punta Curbeiros

110

De xaneiro a decembro

Punto de venda do Pedrido, peirao de Miño

C.P. Mugardos

A pé

AB, AF,AX

B, Abc, O, OX,Cm

Punta Promontoiro-rampla do Seixo; punta Redonda-punta Leiras;

punta Leiras-punta. Promontoiro;

Punta. Segaño-punta Redonda.

132

De xaneiro a decembro

Lonxa porto Ratón

C.P. Muros

A pé

B, AF, AB, AX, Ar, Cn,

Am

Praia da Virxe e praia da Abelleira

65

De abril a setembro

Anido, na praia da Virxe e Bornalle e Liñares na praia da Abelleira, peiraos e lonxas de Muros e Esteiro

C.P. Muros

Embarc.

AB, AF, AX, Cn, B, C, AR, Abc, Am, R

Praia da Virxe e praia da Abelleira

70

De xaneiro a abril e decembro

Lancha de vixilancia da confraría na zona de traballo, e nos peiraos e lonxas de Muros e Esteiro

C.P. Noia

A pé

Embarc.

AF, AB, AX, B, Cn, Ch

Zona de autorización

131

De xaneiro a abril,

de setembro a decembro

A pé: San Cosme, Misela e Broña

Embarcación: bateas en punta Testal e peirao do Freixo

C.P. Noia

Embarc.

(rastro de vieira ou voandeira)

O

Bancos de ostra de Broña e punta Cabalo Baixo

40

De xaneiro a abril e de novembro e decembro

Bateas de control preto de punta Testal e porto do Freixo

C.P. O Barqueiro-Bares

A pé

AF, AB, B, AX, O, OX. LonV, Cm

Zonas de autorización situadas na marxe esquerda da ría do Barqueiro: Salgueira - Pena Ourada; Área da Ponte-punta Cereixeira- punta Preguntoiro, Lama e Area de San Fiz

OX: 180

Resto: 95

De xaneiro a decembro

Praia da Lama; cabeceira do peirao de San Fiz, ponte vella, Fabriquín e os dous peiraos do Barqueiro

C.P. Palmeira

A pé

AF, AX, AB, B, Abc, C, R

Punta Aguiuncho, illote de Grades e pedras Pallares

156

De xaneiro a decembro

Praias de Cambra, Insuela e Cruces

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade

Especies(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Palmeira

Embarc.

AB, AR, AF, Abc, C, B, R

Punta Aguiuncho, illote de Grades e pedras Pallares

140

De xaneiro a decembro

Peirao de Palmeira

C.P. Pontedeume

A pé

AF, AX,

AB, B, O

Entre praia Almieiras e punta Carboeira: A Magdalena, O Fabal e O Oito

175

De xaneiro a decembro

Rampla de acceso ao paseo marítimo polos Moteis e rampla nova do carro varadoiro no peirao e lonxa de Pontedeume

C.P. Pontedeume

Embarc.

AF, AX, AB, B, O

Entre praia Almieiras e punta Carboeira: A Magdalena, O Fabal e O Oito

189

De xaneiro a decembro

Rampla de acceso ao paseo marítimo de Pontedeume e pantalán de embarcacións de 3ª lista. Lonxa de Pontedeume

C.P. Rianxo

A pé

AF, AB, AX, B, LonV

De punta Neixón a río Té, de punta da Torre a punta Fincheira, de punta Fincheira a punta Palleiro, de punta Portomouro a punta Bodión e de punta Bodión a punta Leixón

180

De xaneiro a decembro

Zona de produción: Bodión, Agüeiros, Ladeira Quinteiro, porto-Beluso, A Torre, peirao Rianxo, Tanxil, As Cunchas, Sertaxes e peirao Leiro

C.P. Rianxo

Embarc.

AF, B, AB,

AX

De Bodión a punta Portomouro; de Bodión a punta Leixón; de Leixón a río Té, e de río Té a punta Fincheira; de punta Fincheira a punta Palleiro

142

De abril a setembro e decembro

Plataforma de batea en punta Fincheira e no porto de Rianxo

C.P. Ribeira

Embarc.

AB, AR, AF, AX, C, B, R

De punta Aguiúncho a Eiró Grande; de Eiró Grande a Carabancelo; de Carabancelo a Redonda Vella; de Redonda Vella a punta Castro

190

De xaneiro a decembro

Embarcacións de vixilancia nas zonas de traballo e lonxa de Ribeira

C.P. Ribeira

Embarc.

(rastro de vieira ou voandeira)

O

De punta Aguiúncho a Eiró Grande; de Eiró Grande a Carabancelo; de Carabancelo a Redonda Vella; de Redonda Vella a punta Castro

41

Novembro e decembro

Embarcacións de vixilancia nas zonas de traballo e lonxa de Ribeira

Ría de Arousa, S. Coop. Galega

A pé

Embarc.

AF, AX, AB, B,

De punta Portomouro a punta Pedra Rubia

A pé: 115

Emb.: 150

De xaneiro a decembro

Fontenla, punta pedra Rubia e Portomouro

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras

Provincia de Pontevedra

Entidade (1)

Modalidade

Especies(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Illa de Arousa

A pé

AF, AB, Abc, AX, B, R, Cm, LonV, N, L

Zonas de autorización: intermareal de Sapeiras de Terra ata punta Quilme no sentido das agullas do reloxo

160

De xaneiro a decembro

Sapeira, Riasón, Cantareira, O Bao, Camaxe, Concerrado, Xastelas, Aceñas e a lonxa da Illa de Arousa

C.P. A Illa de Arousa

Embarc.

AF, AB,

AR, Abc, AX, B, C, R,

Zonas de autorización: submareal desde As Sapeiras de terra ata punta Quilme no sentido das agullas do reloxo e Areoso

119

Xaneiro

De abril a setembro

Decembro

Areoso, Arnela, Con Cerrado, Bao, lonxa da Illa de Arousa

C.P. Aldán-O Hío

A pé

AF, AB, AX, B, C, L, Cm, R

Entre punta Alada e punta Preguntoiro cara ao interior da ría de Aldán

66

L: 36

Cm: 48

De xaneiro a abril e de xuño a decembro.

L: xaneiro, febreiro; de maio a setembro e decembro

Cm: de xaneiro a decembro

Praia de San Cibrao, lonxa de Aldán

C.P. Baiona

A pé

AF, AB, AX, B, R,Cm, C

Foz do río Miñor, praia Ladeira, praia do Burgo, praia de Santa Marta, paseo da Lonxa, praia Ribeira, praia Barbeira

130

De xaneiro a decembro

Rampla de Ruiz, rampla da chabola, peirao de Santa Marta, lonxa de Baiona

C.P. Baiona

Embarc.

AR, AB, Cn, C, AF, Abc, R, AX, B

Autorización administrativa

70

De xaneiro a decembro

Embarcación de vixilancia da confraría, lonxa de Baiona

C.P. Cambados

A pé

AF, AX, AB, Abc, B, N, LonV, Cm, L, O, R

Zona intermareal entre punta Tragove e Rego do Alcalde, co saco de Fefiñáns. Entre ponte Castrelo e punta Borrelo. Entre o peirao de Cambados e o límite da explotación da confraría do Grove

180

De xaneiro a decembro

Ribeira de Mouta

Lonxa de Tragove

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras

Provincia de Pontevedra

Entidade (1)

Modalidade

Especies(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Cambados

Embarc.

AB, AF, AR, Abc, AX, B, C, R

De Rego do Alcalde a punta Tragove, de punta Borrón e peirao de Cambados ata punta Borrelo

50

Xaneiro

De abril a xuño

Decembro

Embarcación de vixilancia na zona de traballo, batea e lonxa de Tragove

C.P. Carril

Embarc.

AF, AB, AX, B, Abc

A Fangueira

50

De xaneiro a decembro

Zona de produción

C.P. Carril

A pé

B, AB, AX, AF

Zona de autorización A Fangueira

60

De xaneiro a decembro

Zona de produción

C.P. O Grove

A pé

AF, AX, AB, Abc, B, C, R,Cm, L, Ce, Bu

Zonas de autorización

180

De xaneiro a decembro

En Castrelo: O Facho, lonxa do Grove e vehículo de vixilancia en zonas de traballo

C.P. O Grove

Embarc.

AF, AB, Abc, AX, AR, B, C, R, Ce, Bu

Zonas de autorización

150

De xaneiro a decembro

Lonxa do Grove, caseta de control de Castrelo (O Facho); a embarcación de vixilancia

C.P. Vilanova

A pé

AF, AB, AX, Abc, B, R,

De regato Aduana a Rego do Alcalde

175

De xaneiro a decembro

As Sinas: Con do Caramuxo e Con Grande. Esteiro de Vilamaior: pasarela do esteiro no lado do Terrón, rampla do Esteiro (polideportivo) e rampla do Esteiro (fábrica de La Fuente). As Carballas: praia Nova, praia do Barro. Castelete: Con do Castelete. Lonxa de Vilanova

C.P. Vilanova

Embarc.

AF, AB, AX, AR, Abc, B, C, R

Esteiro de Vilamaior, A Corbala, de punta Basella á Corbala, de punta Basella a punta Sinas, de río Aduana a punta Sinas

80

Xaneiro, de abril a setembro

Decembro

Embarcación de vixilancia no Lombo das Sinas ou pantalán do peirao e lonxa de Vilanova

C.P. Vilaxoán

A pé

AF, AB, AX, Abc, B, N, LonV, Cm,

De punta Ferrazo a Regato Aduana

175

De xaneiro a decembro

Praia de Canelas, lonxa de Vilaxoán, praia de Preguntoiro, praia de Saíñas, esteiro do Rial, praia de Borreiros e praia de Corón

Cadro A: plans de explotación en autorizacións marisqueiras (continuación)

(1) Entidade:

Abreviatura

A.M.

Asociación de mariscadores

C.P.

Confraría de pescadores

(2) Especies:

Abreviatura

Nome comercial

Nome científico

Abreviatura

Nome comercial

Nome científico

AF

Ameixa fina

Ruditapes decussatus

Cn

Cornecha

Spisula solida

AB

Ameixa babosa

Venerupis corrugata

L

Lapa

Patella vulgata

AR

Ameixa rubia

Venerupis rhomboides

Lon

Longueirón

Ensis ensis

AX

Ameixa xaponesa

Ruditapes philippinarum

LonV

Longueirón vello

Solen marginatus

Abc

Ameixa bicuda

Venerupis aurea

N

Navalla

Ensis magnus

Am

Ameixón

Callista chione

O

Ostra

Ostrea edulis

Ar

Arola

Lutraria spp

OX

Ostra xaponesa

Crassostrea gigas

B

Berberecho/birollo

Cerastoderma spp

Rb

Rabioso

Glycimeris glycimeris

Bu

Cornecho truncado

Murex trunculus

R

Reloxo

Dosinia exoleta

C

Carneiro

Venus verrucosa

S

Saltón

Laevicardium crassum

Cd

Cadelucha

Donax trunculus

V

Vieira

Pecten maximus

Ce

Cornecho espinoso

Bolinus brandaris

VOL

Voandeira

Aequipecten opercularis

Ch

Chirla

Chamelea gallina

Z

Zamburiña

Chlamys varia

Cm

Caramuxo

Littorina littorea

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Cadro C: zonas de libre marisqueo da Ría de Arousa non sometidas a plan de explotación

Marisqueo desde embarcación. Ría de Arousa (zona III)

Especies

Cotas máximas de captura

 

kg/ tripulante enrolado e a bordo/día

kg/embarcación/día

Zamburiña (Chlamys varia)

50

150

Voandeira (Aequipecten opercularis)

Berberecho (Cerastoderma edule)

15

45

Ameixa fina (Ruditapes decussatus)

2

6

Ameixa babosa (Venerupis corrugata) (1)

5

15

Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum)

5

15

Ameixa rubia (Venerupis rhomboides) (1)

15

45

Ameixa bicuda (Venerupis aurea)

5

15

Carneiro (Venus verrucosa)

5

15

Reloxo (Dosinia exoleta) (2)

15

45

(1) A equivalencia, para os efectos de topes de captura, entre ameixa babosa e ameixa rubia será a indicada no cadro de equivalencias

(2) A extracción do reloxo de lonxitude antero-posterior estará autorizada só para individuos do rango de tamaños 30- 35 mm nos bancos Boído (Xastelas), Cabío e outras zonas. A extracción noutros bancos diferentes requirirá unha autorización expresa.

Cadro C: zonas de libre marisqueo da Ría de Arousa non sometidas a plan de explotación

Marisqueo desde embarcación. Ría de Arousa (zona III).

Equivalencias entre ameixa babosa e ameixa rubia

Cotas máximas de captura: kg/ tripulante enrolado e a bordo/día

Ameixa babosa

(Venerupis corrugata)

Ameixa rubia

(Venerupis rhomboides)

5

5

4,5

6

4

7

3,5

8

3

9

2,5

10

2

11

1,5

12

0,5

14

0

15

Marisqueo a pé. Ría de Arousa (zona III)

Especies

Cota máxima de captura (kg/ mariscador/ día)

Ameixa fina (Ruditapes decussatus)

3

Ameixa babosa (Venerupis corrugata)

5

Cadelucha (Donax trunculus)

3

Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum)

5

Outros moluscos

15

Cadro D: zonas de libre marisqueo

Marisqueo dende embarcación

Especies

Cotas máximas de captura

kg/ tripulante enrolado e a bordo/día

kg/embarcación/día

Zamburiña (Chlamys varia)

Voandeira (Aequipecten opercularis)

50

150

Berberecho (Cerastoderma edule)

20

60

Ameixa fina (Ruditapes decussatus)

3

9

Ameixa babosa (Venerupis corrugata) (1)

5

15

Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum)

5

15

Ameixa rubia (Venerupis rhomboides) (1)

15

45

Reloxo (Dosinia exoleta) (2)

25

---

Carneiro (Venus verrucosa)

8

---

Ameixa bicuda (Venerupis aurea)

5

---

Cadelucha (Donax trunculus)

20

60

Ostra (Ostrea edulis)(3)

250 ud

500 ud

Outros moluscos

-

30

(1) A equivalencia, para os efectos de topes de captura, entre ameixa babosa e ameixa rubia será de 1/2.

(2) A extracción do reloxo requirirá a súa autorización expresa.

(3) Para o caso da ostra, as cotas máximas están fixadas en unidades, e non en quilogramos.

Marisqueo a pé

Especies

Cota máxima de captura (kg/ mariscador/día)

Ameixa fina (Ruditapes decussatus)

3

Ameixa babosa (Venerupis pullastra)

5

Cadelucha (Donax trunculus)

3

Ameixa xaponesa ((Ruditapes philippinarum)

5

Outros moluscos

15

Cadro E: outros crustáceos

Especie

Períodos autorizados para o ano 2017

Nécora (Necora puber)

Do 1 ao 5 de xaneiro

Do 2 de xullo ao 30 de decembro

Lumbrigante (Homarus gammarus)

Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo

Do 2 de xullo ao 30 de decembro

Lagosta (Palinurus elephas)

Do 1 de xaneiro ao 29 de setembro

Santiaguiño (Scyllarus arctus)

Do 1 ao 5 de xaneiro

Do 1 de outubro ao 30 de decembro

Cangrexo (Carcinus maenas)

Todo o ano

Conguito (Macropipus corrugatus)

Todo o ano

Patulate (Macropipus depurador)

Todo o ano

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file