Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 28 de novembro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Raba I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Raba I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito de data 11 de novembro de 2016, Manuel Silva Saborido e Asunción García Pose solicitan autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Raba I.

Segundo. Os solicitantes presentaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogados ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e siguientes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pacto de apartación ou de mellora.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Manuel Silva García (52453726H), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación.

Tipo: batea.

Nome: Raba I.

Situación:

Cuadrícula nº: 259, polígono: E, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuales titulares: Manuel Silva Saborido e Asunción García Pose (33111596Z-33188008C) 100 % gananciais.

Novo titular: Manuel Silva García (52453726H) 100 % privativo.

O novo titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 28 de novembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña