Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 29 de novembro de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Caterine I (Cangas G, cuadrícula 9).

Visto o expediente instruído para efectos da transmisión da batea Caterine I e da concesión administrativa que a ampara, resultan:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 24 de outubro de 2016, Serafín García Portela (35902796-A) solicitou a autorización para a transmisión da concesión da batea Caterine I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos en anticipo de herdanza, a favor de María Sagrario García Carro (35280653-X), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Caterine I.

Localización:

Cuadrícula nº: 9.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.11.1958 (BOE núm. 298).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Serafín García Portela (35902796-A).

Nova titular: María Sagrario García Carro (35280653-X).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

De conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminstracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa poderán interpor recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Vigo, 29 de novembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo