Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 28 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se require documentación á persoa beneficiaria de diversos procedementos, relativa ao expediente 15/3502/90.

No uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, e de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, requírese a citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada e acompañada da correspondente fe de vida, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, 15008 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, e achegue a declaración anual exixida polo artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo). De non presentala no prazo que se lle indica, e en virtude do disposto no dito artigo, terase por notificada cos efectos que correspondan.

A Coruña, 28 de novembro de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Efectos

Rodríguez Souto, Julia

32336488Y

115/3502/90

Suspensión