Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 28 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación á persoa beneficiaria, interesada en procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativo ao expediente 15/15/2006.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de requirimento de documentación no último domicilio do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido do dito requirimento, advertíndoa de que, de non facerse así, se terá por notificada cos efectos que se indican no anexo, logo de resolución que se ditará nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 28 de novembro de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Efectos

Serrano Jiménez, Eladio

15367127E

15/15/2006

Suspensión