Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro do 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica de liña eléctrica soterrada de 20 kV, de evacuación do parque eólico Canedo, no concello de Mondoñedo (expediente 020/2011 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: liña eléctrica soterrada de 20 kV para evacuación do parque eólico Canedo.

Solicitante: Galfor Eólica, S.L.

Domicilio social: parque empresarial Alvedro, R/ E 8, 15180 Culleredo, A Coruña.

Finalidade: evacuación de enerxía do parque eólico Canedo.

Características técnicas principais:

1. LMT soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de media tensión situada no aeroxerador C1 do parque eólico Canedo e final nunha cela de media tensión situada na subestación do parque eólico Airas, cunha lonxitude de 1.184 metros en condutor tipo DHZ1 16/20 kV 3(1×400 mm²).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos dos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio nº

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Enderezo

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Servidume de paso

Pol.

Parcela

Gabia

Concello de Mondoñedo

1

MVMC Figueiras Pte.: Leonardo Eiroá Rivas

San Martiño de Figueiras nº 8 27749 Mondoñedo (Lugo)

15

298

Pena do Boi

Matogueira + improdutivo

2.969

2

Concello de Mondoñedo

Pza. do Concello, 1

27740 Mondoñedo (Lugo)

5

9007

Coto Viñín

Improdutivo

47

3

MVMC Figueiras Pte.: Leonardo Eiroá Rivas

San Martiño de Figueiras nº 8 27749 Mondoñedo (Lugo)

5

879

Coto Viñín

Piñeiral para madeira + matogueira + improdutivo

2.538