Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de decembro de 2016, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2016, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Clemence Marie Aymard, en relación coa subvención percibida sobre axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, financiada con fondos propios con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio faise saber:

1. Que, por ser descoñecido o enderezo para os efectos de notificación para a entrega dun informe definitivo de control financiero, a Clemence Marie Aymard, esta non foi posible efectuala.

2. Que, por medio do presente anuncio, se pon de manifesto que Clemence Marie Aymard ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlle entrega dun informe definitivo de control financeiro a Clemence Marie Aymard.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación se entenderá producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016

Almudena Chacón Pichel
Interventora xeral da Comunidade Autónoma