Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de prevención de riscos laborais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a prestación dos servizos de prevención de riscos laborais, de acordo coas prevencións contidas no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

b) Nomenclatura: CPV-2008: 85140000-2.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: 2 anos, prorrogables por dous períodos anuais máis, ata completar un máximo de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

Orzamento máximo de licitación: 10.282 euros que se desagregan da seguinte forma:

a) En materia da seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada: 5.082 euros (4.200 euros orzamento sen IVE, máis 882 euros en concepto de IVE ao 21 %).

b) En materia de medicina no traballo (vixilancia da saúde): 5.200 euros (40 euros de custo do recoñecemento médico, por cada unha das sesenta e cinco persoas que se estiman incluídas no ámbito deste servizo); materia exenta do IVE por aplicación do artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Revisión de prezos: non procede.

6.Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluido o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil de contratante:

www.concellodearzua.com .

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

9. Criterios de valoración:

Os indicados na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación necesaria: a especificada na cláusula 11ª nº 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación. Rexistro Xeral do Concello.

11. Apertura das ofertas:

A Mesa de Contratación, ás 10.00 horas do 3º día hábil seguiente a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. A data de apertura do sobres B (en acto público) anunciarase previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

12. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 900 euros.

Arzúa, 19 de decembro de 2016

José Luis García López
Alcalde