Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle en rúa Pinar do Río, 24 (expediente FG 606).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 24 de novembro de 2016, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a reordenación do volume e condicións de posición da edificación na rúa Pinar do Río, nº 24, en Serantes (documento nº 15910 do 20.10.2016).

O estudo de detalle é unha disposición xeral polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados do día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 2 de decembro de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente