Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 14 de decembro de 2016 polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia no expediente 15R001-4-2016-SSP e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os Servizos Centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1, 5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-4-2016-SSP.

Interesado: Xu Zhao Yang.

CIF/NIF: X-3579998W.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R001-11-2016-SSP.

Interesada: Camisetas Coruña, S.L.

CIF/NIF: B-70302716.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R001-15-2016-SSP.

Interesada: Efficiency Import Export, S.L.

CIF/NIF: B-27780618.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R001-16-2016-SSP.

Interesada: Wang World Deaitre, S.L.

CIF/NIF: B-64381957.

Acto notificado: resolución de expediente.