Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56133

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación inicial do orzamento xeral de 2017.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés o orzamento xeral para o exercicio económico de 2017, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e das disposicións concordantes, exponse ao público na secretaría desta mancomunidade, polo prazo de quince días hábiles –que comezará a contar desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia–, co fin de que durante este prazo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao presidente desta mancomunidade.

O Pino, 20 de decembro de 2016

Manuel Taboada Vigo
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés