Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56134

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D24/2016, do 15 de decembro, pola que se nomea profesor contratado doutor a Carlos Casqueiro Placer (PCD-10).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-10, do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD), situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada por Resolución D/018/2016, do 3 de outubro (DOG do 10 de outubro), e presentada polo candidato proposto a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Carlos Casqueiro Placer, con DNI 35324391-W, profesor contratado doutor do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato por parte da persoa interesada.

Marín, 15 de decembro de 2016

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa-Escola Naval Militar de Marín