Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada, por procedemento aberto multicriterio, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo (dous lotes) (expediente 1/2017 XTL).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70, baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4º. Teléfono: 982 29 42 81.

5º. Fax: 982 29 42 82.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

7º. Data límite de obtención de documentos e información: ata o final do prazo de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: 1/2017 XTL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes: dous lotes.

Lote 1: servizo de limpeza das oficinas de emprego da provincia de Lugo.

Lote 2: servizo de limpeza doutros centros da Xefatura Territorial de Lugo.

d) Lugar de execución: provincia de Lugo.

e) Prazo de execución: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 570.000 euros.

5. Orzamento de licitación.

Lote 1: importe neto: cento sesenta mil euros (160.000 euros).

Importe total: cento noventa e tres mil seiscentos euros (193.600 euros).

Lote 2: importe neto: cento vinte e cinco mil euros (125.000 euros).

Importe total: cento cincuenta e un mil douscentos cincuenta euros (151.250 euros).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver a cláusula 7.3 do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver a cláusula 7.3 do PCAP.

8. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 28 de xaneiro de 2017.

b) Modalidade de presentación: ver a cláusula 8 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70, baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG). O adxudicatario do lote 1 asumirá o 56,14 % dos gastos de publicidade e o adxudicatario do lote 2 o 43,86 %. A publicación no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao DOUE: 20 de decembro de 2016.

12. Outras informacións: poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93974

Lugo, 20 de decembro de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde 10.6.2016, DOG nº 131, do 12 de xullo)
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo