Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o trámite de audiencia na solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación Bety fracción cuarta número 5497.4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Carballal de Rocas, S.L., con último enderezo coñecido en Mina Záculo, 24388 Lomba-Benuza (León), o trámite de audiencia na solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación Bety fracción cuarta número 5497.4 desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

No dito trámite de audiencia concédense 10 días para formular as alegacións e presentar as xustificacións e/ou documentos que se consideren oportunos, antes de ditar a proposta de resolución que proceda, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 12 de decembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial da Coruña