Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS TRO716 e centro de transformación (CT) Padín 1.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 en tres tramos:
1. 35 metros; orixe: punto de acceso nº 1 existente, entroncando coa LMTS TRO716; final: CT proxectado Padín 1.
2. 49 metros; orixe: CT proxectado Padín 1; final: paso aerosubterráneo en apoio existente da LMT ao CT Peaxe Teis.
3. 161 metros; orixe: CT proxectado Padín 1; final: punto de acceso proxectado nº 5, entroncando coa LMTS ao CS Párroco Serafín.
Centro de transformación Padín 1, de 630 kVA con RT 15 kV/400-230 V, situado na rúa Párroco Don Serafín, Padín, Teis, Vigo.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación
Pontevedra, 29 de novembro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Predio 1. Municipio: Vigo; lugar: Padín; titular: Carlos Tizón Collazo; afección: 30,59 m2 para o centro de transformación e 20,79 m2 para liña subterránea.