Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55882

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2016, do tribunal nomeado para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, convocada por Resolución do 21 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 186, do 29 de setembro), pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as coa baremación definitiva de méritos.

En sesión que tivo lugar o día 16 de decembro de 2016, o tribunal nomeado por Resolución do 13 de outubro de 2016 (DOG núm 201, do 21 de outubro) para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, logo de ter publicada a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos con expresión da puntuación provisional de méritos (DOG núm 232, do 5 de decembro) na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboleiro de anuncios desta, á vista das alegacións presentadas,

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar como anexo a esta resolución a relación definitiva de admitidos coa baremación definitiva dos méritos.

A dita listaxe publicarase na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do artigo 121.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. De acordo coa base sexta da convocatoria, o tribunal proporá á Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde como aspirante para contratar e ocupar a praza obxecto desta convocatoria a aquel/a que teña acadada a maior puntuación na relación de baremación definitiva de méritos, este/a deberá presentar no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución a seguinte documentación perante a Axencia:

–Tarxeta sanitaria e/ou número de afiliación á Seguridade Social.

– Certificado médico oficial ou informe de saúde en que se acrediten os extremos sinalados na base 2.1.4 da convocatoria.

– Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin de encontrarse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas para efectos de acreditar os aspectos sinalados na base 2.1.5 da convocatoria.

Se o/a candidato/a seleccionado/a non presentase a documentación no prazo establecido, ou presentase a súa renuncia á contratación para o posto para o cal foi seleccionado/a (caso en que se fará mediante solicitude expresa ao respecto, no mesmo prazo sinalado no punto anterior), resultará automáticamente seleccionado o seguinte aspirante segundo a orde de prelación da lista, este/a deberá presentar nun novo prazo de cinco (5) días hábiles desde o remate do anterior a documentación indicada no punto 6.5 da convocatoria.

Despois de seleccionado/a o/a candidato/a e presentada a súa documentación, segundo o establecido nos puntos anteriores, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, procederase á formalización da contratación obxecto da convocatoria.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016

Luis Ángel León Mateos
Presidente do tribunal

ANEXO
Baremación definitiva de méritos dos aspirantes admitidos/as

Candidatos/as

Experiencia

Formación

Galego

Total

Durán

Suárez

Carlos

3,80

0

0,75

4,55

Migueles

Otero

Urbano

2,59

0,60

0,75

3,94