Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55880

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 2 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Traballo Social.

Convocada por Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG núm. 196, do 14 de outubro), a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Traballo Social da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Traballo Social da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado mediante Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG núm. 196, do 14 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 2 de decembro de 2016

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Traballo Social da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Nome e apelidos: Campello García, María Luz.

DNI: *****359N (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.