Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1140/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1140/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio César Durán Piñeiro contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Grupo Fernández Automoción, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade 1140/2015

Demandante: Julio César Durán Piñeiro

Letrado: Sr. Iglesias Canitrot

Demandados:

Talleres Fernández Coruña, S.L.

Ifer Coruña, S.L.

Grupo Fernández Automoción

Fogasa

Sentenza:

A Coruña, 24 de novembro de 2016

Resolución:

1. Estimo a demanda formulada por Julio César Durán Piñeiro fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L. e, en consecuencia, condeno estas a pagarlle solidariamente ao primeiro a suma de 4.284 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro do artigo 29.3 ET.

2. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L., e Grupo Fernández Automoción, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza