Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Transitarios, Expedidores Internacionales y Asimilados, depositada co número 2016-82-1-5.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na Oficina Pública de Depósito de Estatutos das Organizacións Sindicais e Empresariais se acordou depositar con data do 29.11.2016 a modificación de estatutos que consiste no cambio de ámbito territorial, que en virtude da dita modificación pasa a ser autonómico.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poden ser membros todos os empresarios que sexan persoas físicas ou xurídicas, con traballadores ao seu cargo e cuxa actividade estea incluída no seu ámbito e que estean dados de alta na epígrafe do IAE correspondente.

Asinantes: Juan Uhia Sobrino (presidente) e Ángel Lizarralde Nieto (secretario).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego