Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente Oficina Pública de Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación do artigo 5 dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), que consiste no cambio de domicilio social, que en virtude da dita modificación pasa a ser en Camiño de Vales, 48 nave (Valadares), 36315 Vigo (Pontevedra).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros da asociación, logo de solicitude de afiliación voluntaria, as empresas vinculadas ao sector da xardinaría que observen o cumprimento dos presentes estatutos.

Asinantes: Víctor Mario Pérez Vilar (presidente) e José Ignacio Taboada (secretario).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego