Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 142/2016).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 142/2016

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 63/2016

Sobre: despedimento

Demandante: Marina Señorís Bargo

Demandados: David Couñago Cores, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 142/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marina Señorís Bargo contra David Couñago Cores, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Marina Señorís Bargo con David Couñago Cores e condeno a parte executada a aboarlle á demandante 3.187,24 euros en concepto de indemnización e 14.819,07 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución, continuará esta como en diñeiro polo importe total de 18.006,31 euros, máis 1.800,63 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a David Couñago Cores, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza