Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55519

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (987/2015).

Familia, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 987/2015

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Águeda Domínguez Gallego

Procurador: Manuel Castells López

Avogado: Alberto Martínez Cortiña

Demandado: Eurico Eduardo Guimaraes da Costa

Edicto.

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente edicto,

Anuncio:

No presente procedemento more uxorio número 987/2015, seguido por instancia de Águeda Domínguez Gallego fronte a Eurico Eduardo Guimaraes da Costa, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 220.

En Vigo o quince de abril de dous mil dezaseis.

Vistos por min, Rosa María López Barral, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) os autos seguidos neste xulgado baixo o número 987/2015 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, con intervención do Ministerio Fiscal, en que son parte:

– Demandante: Águeda Domínguez Gallego, representada polo procurador dos tribunais Manuel Castells López, e con asistencia letrada de Alberto Martínez Cortiña.

– Demandado: Eurico Eduardo Guimaraes da Costa, declarado en rebeldía procesual.

En virtude das facultades que me foron conferidas e en nome do rei, dito a presente resolución, de acordo cos seguintes,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Manuel Castell López, en nome e representación de Águeda Domínguez Gallego, contra Eurico Eduardo Guimaraes da Costa, declarado en situación de rebeldía procesual, e, en consecuencia, realizo os seguintes pronunciamentos:

1. A garda e custodia da filla menor Cloe Domínguez Guimaraes atribúeselle á Sra. Domínguez Gallego, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a menor.

2. Non se establece réxime de visitas.

3. O pai Eurico Eduardo Guimaraes da Costa, deberá aboar, en concepto de pensión de alimentos a favor da súa filla menor Cloe Domínguez Guimaraes, a cantidade de 250 euros mensuais, por anticipado, dentro dos cinco primeiros días de cada mes en doce mensualidades con revisión anual de acordo coas variacións do IPC xeral publicado polo INE ou índice que o substitúa, ademais da metade dos gastos extraordinarios.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá perante este xulgado no prazo de vinte días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, mando e asino.

Ao se encontrar o dito demandado, Eurico Eduardo Guimaraes da Costa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza