Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (183/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 183/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Vázquez Antúnez contra Gespalia, S.L., Concurlex Avogados, S.L.P., Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. María Victoria Vázquez Antúnez presentou solicitude de execución da sentenza 214/2016, do 14 de xullo ditada no procedemento ordinario 540/2013 fronte a Gespalia, S.L., Concurlex Avogados, S.L.P., Fogasa, e, atendendo á dita solicitude, con data 6 de outubro de 2016 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 2.016,96 euros en concepto de principal (1.524,52 euros en concepto de salarios e vacacións e 492,44 euros en concepto de xuros por mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior), máis outros 201,69 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Gespalia, S.L., realizada polo Decreto do 25 de xuño de 2016, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 53/2014.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS ditouse o 6 de outubro de 2016 decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta nos autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as pescudas de bens do artigo 250 desta lei. Deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de pescuda de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se lle coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Gespalia, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 2.016,96 euros en concepto de principal (1.524,52 euros en concepto de salarios e vacacións e 492,44 euros en concepto de xuros por mora do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 201,69 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza