Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 993/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 993/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Santiso García contra a empresa Diseño y Construcción, S.A. Diconsa, e o administrador concursal Jesús Ángel Alonso Álvarez e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Ana Belén Santiso García contra Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Jesús Ángel Alonso Álvarez –como administrador concursal de Diconsa Diseño y Construcción, S.A.– e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 5.067,58 euros brutos, máis o xuro previsto no artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización (que comporta 357,66 € unha vez deducido o pagado polo Fogasa) e os do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (que comportan 4.709,92 € unha vez deducido o pagado polo Fogasa), desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución. Condeno a Jesús Ángel Alonso Álvarez, na súa soa condición de administrador concursal de Diconsa Diseño y Construcción, S.A. a se ater á dita declaración e condena da mercantil demandada.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño y Construcción, S.A. Diconsa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza