Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de novembro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do Monte da Mina, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes, parroquia de Cesantes (Redondela), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2016, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Redondela.

Parroquia: Cesantes.

Nome do monte: da Mina.

Parcela A:

Cabida: 43.574 m2-15.512 m2 ao norte-4.043 m2 ao sur = 24.019 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: Monte veciñal da Mina clasificado a favor de Cesantes e predios particulares de Emilia García Cabaleiro, Emilio de la Torre s/s, Manuel Somoza Martínez, Albina Estévez Duro, María Ferreira Álvarez, Placeres, descoñecido, Serafina Lago s/s, Gloria Muñoz Iglesias, María Cabaleiro Álvarez.

Sur: Monte veciñal da Mina clasificado a favor de Cesantes e predios particulares de Abundino Bouzón s/s e outros.

Leste: Camiño de Subida ao Cruceiro, predio particular de Josefa Cabaleiro Loural e monte veciñal A Lomba do Viso.

Oeste: camiño Real ao Viso ou Camiño de Santiago pola ruta portuguesa e predios particulares de descoñecido, Ana María Sobral Rivas e Fernando Vidal Vidal.

Nota: as superficies deducidas corresponden á cuantificación sobre o formato dixital das dúas parcelas clasificadas.

Parcela C:

Cabida: 760 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño da Tomada.

Sur e oeste: predios particulares de descoñecido, María Cabaleiro Álvarez, Gloria Muñoz Iglesias e Serafina Lago s/s.

Leste: camiño de subida ao Cruceiro.

Parcela D:

Cabida: 315 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño de subida ao Outeiro Grande.

Sur: camiño do Galleiro.

Leste: predios particulares de Emilio Fabre s/s, Carlos s/p s/s, Jacobo José Míguez Boullosa.

Oeste: camiño de subida ao Cruceiro.

Parcela E:

Cabida: 1.298 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e oeste: camiño de subida ao Cruceiro.

Sur: camiño da Peloureza.

Leste: predios particulares de Francisco Lusquiños Montes e Martina Ricón Cabaleiro.

Nota: parcela enteiramente ocupada por particulares na actualidade.

Parcela F:

Cabida: 1.511 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e oeste: camiño de subida ao Cruceiro.

Sur: camiño do Souto de Padrón.

Leste: monte veciñal A Lomba do Viso.

Nota: parcela incluída enteiramente na recente clasificación do monte da Lomba a favor da comunidade veciñal limítrofe, cunha superficie total de 0,53 ha.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 24 de novembro de 2016

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor