Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55179

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (282/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 282/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Bendaña Rodríguez contra Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Manuel Malde e Cía., SRC, Manuel Malde López, C.B., Servizo Público de Emprego Estatal, Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada en seguridade social.

– Citar as partes para que comparezan o día 9 de febreiro de 2017 ás 10.05 na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a realización do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírteselles ás partes que, en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de xuízo, poderá o xuíz ter o demandante por desistido da demanda, e se se tratase do demandado non impedirá a realización do acto de xuízo, xa que este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS:

Tense por presentada a documentación que acompaña a demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de que deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba do que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicación (artigo 53 da LXS).

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, a xuíz admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Manuel Malde e Cía., SRC, Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza