Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 668/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 668/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Regueiro Carreira contra a empresa Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Fogasa, foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«1º. Que, estimando integramente a reclamación de cantidade promovida por Juan Antonio Regueiro Carreira en canto se dirixiu contra as empresas Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Talleres Fernández Coruña, S.L., debo condenalas e condénoas a que, conxunta e solidariamente, aboen ao demandante a cantidade de 12.622,4 € que resultará incrementada co 10 % de xuro en concepto de demora computado na forma indicada no fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a estar e pasar pola condena imposta ás aludidas codemandadas.

3º. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se for o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza