Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 622/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 622/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Sanmartín Valiño contra Shoes&Piel, S.L., Franquicias Multinacionales, S.L., Enterprise Group Century XXI Internacional, S.L., Eduardo Vedo Domínguez, Sociedad Anónima Mercantil Europea 2089, Antonio Vedo Domínguez, Master´s Fashion, S.L., Dividing Line, S.L., Master Wear, S.L., Eurogroup Razon, S.L., Motival Tendencias, S.L., Modelia Shop, S.L., Sooner Spain S.L., Neomix Import, S.L., Araya Iberian, S.L., Redilex Spain, S.L., Deloitte, Entreprise Group Century XXI, S.L., Entreprise Group Century XXI Import-Export, S.L., Last Shop, S.L., Soluciones en Franquicias, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse decreto o 25 de novembro de 2016 co número 547/2016 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo ter por desistida á parte demandante da súa demanda e o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (art. 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e debe sinalar no campo concepto a indicación recurso seguida do código "31 social-revisión". Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación "recurso" seguida do "código 31 social-revisión". Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Araya Iberian, S.L. e Redilex Spain, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza