Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO de licitación de concesión de servizos para a organización e administración de instalacións públicas de titularidade municipal.

De conformidade co Acordo do Pleno, do día 11 de novembro de 2016, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de concesión de servizos consistente na organización e administración de instalacións públicas de titularidade municipal, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Montederramo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información.

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Enderezo: praza de Montederramo, 28.

3º. Localidade e código postal: 32750 Montederramo.

4º. Teléfono: 988 29 20 00.

5º. Telefax: 988 29 20 71.

6º. Enderezo de correo electrónico: concello.montederramo@eidolocal.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.montederramo.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o día antes da finalización do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: CGSC01/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de servizos.

b) Descrición: organización e administración de instalacións públicas de titularidade municipal (dous albergues, aula da natureza e instalacións lúdicas de Ponte Mazaira).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Concello de Montederramo.

2º. Localidade e código postal: 32750 Montederramo.

e) Prazo de execución/entrega: cinco anos.

f) Admisión de prórrogas: si, dúas dun ano.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisicións (se é o caso): non.

i) CPV. 92000000-1 (Servizos de esparexemento, culturais e deportivos).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación.

1º. Cuantificables automaticamente.

– Maior canon ofrecido: P = 25 + 15v(1-(O2/L2)). 25 a 40 puntos.

2º. Xuízo de valor.

– Proxecto de explotación: 1 a 5 puntos.

– Melloras de recursos e equipamento: 1 a 5 puntos.

– Plan de revisión e mantemento: 1 a 5 puntos.

– Campaña de divulgación, información e publicidade: 1 a 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 126.668,15 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.000,00 euros anuais.

b) Importe total: 1.000,00 euros anuais.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional (importe): non.

b) Definitiva (%): 5 % do importe da adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría): non.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional (se é o caso): declaración responsable. Acreditación posterior polo posible adxudicatario.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: por escrito, non electrónica.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Enderezo: praza de Montederramo, 28.

3º. Localidade e código postal: 32750 Montederramo.

4º. Enderezo electrónico.

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido): non.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: Mesa de Contratación.

b) Enderezo: praza de Montederramo, 28.

c) Localidade e código postal: 32750 Montederramo.

d) Data e hora: quinto (5º) día hábil, despois da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

10. Gastos de publicidade: límite máximo de 1.500,00 euros.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): non.

12. Outras informacións.

Montederramo, 15 de novembro de 2016

Antonio Rodríguez Álvarez
Alcalde