Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55119

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria ás empresas pemes de Galicia para a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020).

missing image file

A Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Visita a Feira IPM de Essen (22-28 xaneiro 2017). Convocatoria prevista en decembro 2016.

2. Exhibición na Feira IPM de Essen (23-28 xaneiro 2017). Convocatoria prevista en decembro 2016.

3. Visita a Feira «Les Salons du Tourisme» de París (15-20 marzo 2017). Convocatoria prevista en xaneiro 2017.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Santiago de Compostela. Ademais, pode consultarse a través da web www.camaracompostela.com

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a estas convocatorias para o período 2014-2020 é de:

– Visita Feira IPM Essen: 10.400 €.

– Exhibición en Feira IPM Essen: 10.400 €.

– Visita Salon Tourisme de París: 9.600 €.

En concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do «Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020», e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día seguinte ao da publicación deste anuncio e finalizará o día marcado en cada convocatoria. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web: www.camaracompostela.com

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Jesús Asorey Carril
Presidente da Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela