Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2016 pola que se desiste da celebración do contrato para a expedición dos títulos oficiais e dos suplementos europeos ao título (SET) dos alumnos desta universidade (expediente 2016/CSEA1/000002).

Por Resolución do 2 de decembro de 2016, acórdase o desistimento do procedemento de licitación para o contrato de expedición dos títulos oficiais e dos suplementos europeos ao título (SET) dos alumnos da USC, conforme ao establecido no artigo 155 do Real decreto legislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

As razóns, de interese público, recóllense na mencionada resolución, publicada o día 12 de decembro de 2016 no perfil do contratante da USC www.usc.es/contratación .

O anuncio de licitación publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 9 de febrero de 2016, e modificouse o 21 de xuño, o 20 de julio e o 22 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

O reitor da Universidade de Compostela
P.D. (Resolución do 22.9.2015; DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela