Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican emprazamentos como consecuencia do procedemento ordinario 226/2016, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o acordo de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

José Luis Rocha Casal

Emprazamento contencioso-administrativo

Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras, A Coruña)

José Morlán Castro

Emprazamento contencioso-administrativo

Filgueira de Barraca-Trasanquelos (Oza-Cesuras, A Coruña)