Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de decembro de 2016 pola que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740 (clave AC/16/053.06).

Con data do 7 de decembro de 2016, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 15 de setembro de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 176, o Anuncio do 6 de setembro de 2016, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito: Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740, clave AC/16/053.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo referido proxecto.

O documento que se puxo a disposición durante o trámite da información pública foi unha separata para información pública do proxecto construtivo, redactándose o dito proxecto construtivo con base na referida separata.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública só se presentaron certificados, procedéndose á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a dita separata para información pública do proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e aos efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Por todo o exposto, e tralos certificados presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito: Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740, clave AC/16/053.06, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Cabana de Bergantiños deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas