Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 29 de novembro de 2016 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 69 e 72 do polígono 39 do termo municipal de Baralla.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural autorizou, mediante a Resolución do 29 de novembro de 2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola nas parcelas 69 e 72 do polígono 39 do termo municipal de Baralla (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 26 de outubro de 2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 227, do 28 de novembro.

Lugo, 30 de novembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo