Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (638/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 638/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Romero Pérez contra Servanza, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou Sentenza do 21 de novembro de 2016 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de María del Carmen Romero Pérez contra a entidade Servanza, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 1.403,47 euros como cantidades debidas máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución; imponse a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza