Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (611/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 611/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar Fraga Parafita contra Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) e Telecomunicaciones Dope, S.L., sobre ordinario, se ditou Sentenza do 18 de novembro de 2016 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de María del Pilar Fraga Parafita, asistida pola letrada Sra. Trillo Nouche, contra a entidade Telecomunicaciones Dope, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 417,11 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo máis os xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento ata a data desta resolución e a suma de 3.090,78 euros, en concepto de salarios, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade e, en todo caso, os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto ao nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto, «Recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Telecomunicaciones Dope, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza