Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (266/2016).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 266/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Gómez Hernando contra a empresa Masalo 10, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante David Gómez Hernando fronte a Masalo 10, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

Cítase igualmente a Masalo 10, S.L. para a comparecencia que terá lugar o próximo día 15 de decembro de 2016, ás 9.30 horas, na sala de vistas número 1 deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza