Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de insolvencia (ETX 237/2013).

Eu, Mariña Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 237/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Alberto García Mallo contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), PFA Prevención de Riestos Laborales, S.A., Herfran Asesores, S.L., Servicios y Asesoramento Empresarial Grupo PFA, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L., Asesoría Técnica Administrativa, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución que ten a seguinte parte dispositiva:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar aos executados Asesoría Técnica Administrativa, S.L., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Herfran Asesores, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L. e PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., en situación de insolvencia total polo importe de 7.717,83 euros en concepto de principal máis 1.000 euros orzados para intereses e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 1596, clave 64 N, no Banesto, coa indicación “recurso” no campo do concepto seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír após a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Herfran Asesores, S.L., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L., Asesoría Técnica Administrativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza