Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0062/2014-ORS.

Tentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan no anexo a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 40 38).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente: PSC-PO-0062/2014-ORS.

Beneficiario: Simón Agís Besada.

NIF: 35320656Q.

Enderezo: avenida de Lugo, 29, 1º F, 36004 Pontevedra.

Trámite: resolución de recurso de reposición.