Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2016, do Servizo da Delegación Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de actuación fronte ao corremento de terra na estrada OU-533, entre os puntos quilométricos 48+160 e 48+295, no concello de Petín (clave OU/16/235.02).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O pasado mes de marzo de 2016 produciuse un corremento do noiro de desmonte na estrada OU-533, entre os puntos quilométricos 48+160 e 48+295, o que orixinou que o seu estado actual presente unhas características que poden xerar situacións de risco potencialmente perigosas para a seguridade viaria. Por todo isto, é necesario levar a cabo unhas actuacións de reforzo e contención de terras, así como definir os muros de coídos requiridos para evitar novos corrementos.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá conta, no Consello da Xunta do 27 de outubro de 2016, da obra para reparar o noiro danado por desprendementos nos puntos quilométricos 48+160 e 48+295 da estrada OU-533, declarada de emerxencia pola Axencia Galega de Infraestruturas o pasado 14 de outubro de 2016.

Con data do 27 de outubro de 2016, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras, declaradas de emerxencia, para a actuación fronte ao corremento de terra na estrada OU-533, entre os puntos quilométricos 48+160 e 48+295, clave OU/16/235.02, no concello de Petín, por Decreto 145/2016, publicado no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2016.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Petín para que comparezan no lugar, na data e na hora que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios, se o consideran necesario.

Termo municipal de Petín.

Lugar: Casa do Concello de Petín.

Data: 13 de xaneiro de 2017, ás once horas.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Petín e no Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez nº 1).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e xuntar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución. Poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e no 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez nº 1), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Ourense, 21 de novembro de 2016

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Ourense