Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54511

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 25 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

BDNS (Identif.): 325406

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, as sociedades anónimas deportivas e as agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.

Segundo. Finalidade

Esta resolución ten por obxecto convocar as subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 25 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Cuarto. Importes

A concesión das subvencións reguladas nesta resolución será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.481.0 do exercicio orzamentario do ano 2017, ata un importe máximo de 2.080.000 € (dous millóns oitenta mil euros). Este importe poderá ser ampliado no caso de existencia de crédito na aplicación orzamentaria no momento da resolución segundo o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016

O/a secretario/a xeral para o Deporte
P.S. (Orde do 18.11.2016; DOG nº 222, do 21 de novembro)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia