Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54362

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016 pola que se establecen as reducións por incumprimento dos criterios/requisitos de admisibilidade, compromisos e outras obrigas de determinadas medidas do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O Regulamento delegado (UE) nº 640/2014 da Comisión do 11 de marzo de 2014 polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, recolle no seu artigo 35 disposicións específicas aplicables ás medidas de axuda ao desenvolvemento rural, en concreto, no relativo ao incumprimento dos criterios de admisibilidade distintos da superficie ou do número de animais, así como doutros compromisos e obrigas. No punto 1 dese artigo indícase que a axuda solicitada se denegará ou se retirará na súa totalidade se os criterios de admisibilidade non se respetan. Por outro lado, no punto 2 establécese que a axuda se denegará ou se retirará total ou parcialmente no caso de que non se cumpran compromisos ou outras obrigas indicando no punto 3 que, á hora de decidir a porcentaxe de denegación ou retirada da axuda tras o incumprimento dos compromisos ou outras obrigas, se deberá ter en conta a gravidade, o alcance, a duración e a reiteración do incumprimento relacionado coas condicións da axuda.

Cada ano, mediante orde da Consellería do Medio Rural regúlase a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control. Entre estas últimas encóntranse as axudas correspondentes as seguintes medidas do PDR de Galicia 2014-2020: 10.1. Agroambiente e clima, 11. Agricultura ecolóxica e 13. Pagos a zonas con limitacións naturais.

A citada orde faculta a persoa titular da Dirección do Fogga, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución desta.

De acordo co exposto e para xeral coñecemento, procédese á publicación das porcentaxes de denegación ou retirada aplicables por incumprimento dos criterios/requisitos de admisibilidade distintos da superficie ou do número de animais, compromisos ou outras obrigas nas medidas indicadas no segundo parágrafo.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

A. Aspectos xerais da tipificación dos criterios/requisitos de admisiblidade, compromisos ou outras obrigas e avaliación de incumprimentos.

As penalizacións por incumprimento dos criterios/requisitos de admisibilidade, compromisos ou outras obrigas, establécense con base na tipificación destes nas seguintes clases: excluínte, básico, principal, secundario e terciario. A tipificación dos criterios/requisitos de admisibilidade, compromisos ou outras obrigas de cada liña de axudas é a que se indica no punto B deste anexo.

1. Criterios/requisitos de admisibiblidade.

Con respecto aos incumprimentos dos criterios/requisitos de admisibiblidade atenderase ao seguinte:

Clasificación

Definición

Exclusión

Excluínte (E)

Aquel incumprimento que non respecta os criterios/requisitos establecidos na concesión e, se é o caso, o mantemento da axuda.

Si, e cando proceda nas medidas plurianuais, solicitarase o reintegro de importes de anos anteriores.

En casos de incumprimiento grave, falsidade, intencionalidade e neglixencia, o beneficiario quedará excluido da mesma liña de axuda durante o ano natural no que se detectou o incumprimento e durante o ano natural seguinte.

2. Compromisos ou outras obrigas.

En canto aos incumprimentos dos compromisos ou outras obrigas, a axuda denegarase ou retirarase total ou parcialmente de acordo coa tipificación destos atendendo ao seguinte:

Clasificación

Definición

Exclusión

Básico (B)

Aquel cuxo incumprimiento comporta consecuencias relevantes para os obxectivos perseguidos e estas repercusións duran máis dun ano ou é difícil poñerlles fin con medios aceptables.

Só en casos de incumprimento grave, falsidade, intencionalidade e neglixencia. No caso das medidas plurianuais solicitarase o reintegro de importes de anos anteriores.

O beneficiario quedará excluído da liña de axuda durante o ano natural no que se detectou o incumprimento e durante o ano natural seguinte.

Principal (P)

Aquel cuxo incumprimiento comporta consecuencias importantes para os obxectivos perseguidos e estas repercusións duran menos dun ano ou é posible poñerlles fin con medios aceptables.

Secundario (S)

Aquel cuxo incumprimento ten baixa relevancia no obxectivo da liña de axuda.

Terciario (T)

Aquel cuxo incumprimiento ten escasa relevancia no obxectivo da liña de axuda.

3. Avaliación de incumprimentos.

A avaliación dos incumprimientos e o cálculo da correspondente penalización farase de acordo co seguinte:

Clasificacións (E/B/P/S/T)

Penalización

Ano1

Número2

Sanción3 (e exclusión cando proceda)

E

1 ou máis

1 ou máis

100 %

B

1 ou máis

1 ou máis

50-100 %

P

1

1

20 %

2 ou máis

40 %

2 ou máis

1 ou máis

40 %

S

1

1

5 %

2 ou máis

10 %

2 ou máis

1 ou máis

10 %

T

1

1

1 %

2 ou máis

2 %

2 ou máis

1 ou máis

2 %

1 Número de anos de incumprimiento do mesmo compromiso ou outra obriga (reiteración: só para as medidas plurianuais).

2 Número de incumprimentos de compromisos ou outras obrigas.

3 No caso de múltiples incumprimientos detectados, para o cálculo da penalización final aplicarase o caso máis desfavorable da táboa (non se suman porcentaxes).

B. Tipificación dos criterios/requisitos de admisiblidade, compromisos ou outras obrigas das distintas medidas e liñas de axuda.

1. Medida 10.1. Agroambiente e clima.

a) Apicultura para a mellora da biodiversidade en zonas con limitacións naturais (10.11.).

Tipo

Descrición

Clasificación (E/B/P/S/T)

Sanción

Requisito

Ser titular dunha explotación apícola inscrita no Rexistro de explotacións gandeiras (Rega).

E

100 %

Requisito

Recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade de aconsellamento inscrita no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia (Resaxega).

E

100 %

Compromiso

Manter un mínimo de 100 colmeas situadas en municipios de Galicia designados como zonas de montaña, distribuídas polo menos en 2 alvarizas.

B

100 %

Compromiso

Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os anos que dura o compromiso. Para estes efectos, consideraranse comprometidas e primables un máximo de 80 colmeas por alvariza que cumpra o exixido en canto á distancia no compromiso seguinte.

P

20 %

Compromiso

A distancia entre as alvarizas será polo menos de 1 km.

S

5 %

b) Razas autóctonas en perigo de extinción (10.12.).

Tipo

Descrición

Clasificación (E/B/P/S/T)

Sanción

Requisito

Ser titular dunha explotación gandeira inscrita no Rexistro de explotacións gandeiras (Rega).

E

100 %

Requisito

Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

E

100 %

Requisito

Recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade de aconsellamento inscrita no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia (Resaxega).

E

100 %

Compromiso

Dispor de máis de 5 UGMs primables dunha ou varias das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción.

B

100 %

Compromiso

Cando se trate de especies de ovino, cabrún, equino e/ou bovino, manter na explotación unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e máxima de 2 UGM/ha.

P

20 %

Compromiso

Manter, como mínimo, as UGM primables comprometidas de razas autóctonas en perigo de extinción durante os anos que dura o compromiso.

P

20 %

Compromiso

Participar no programa de mellora xenética da raza.

S

5 %

c) Xestión sostible de pastos.

Tipo

Descrición

Clasificación (E/B/P/S/T)

Sanción

Requisito

Ser titular dunha explotación de bovino, ovino, cabrún e/ou equino inscrita no Rexistro de explotacións gandeiras (Rega).

E

100 %

Requisito

Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

E

100 %

Requisito

Recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade de aconsellamento inscrita no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia (Resaxega).

E

100 %

Compromiso

Dispor dun mínimo de 10 has de superficie forraxeira indemnizable (superficie forraxeira situada no municipio da explotación ou limítrofes).

B

100 %

Compromiso

Manter na explotación unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e máxima de 2 UGM/ha.

P

20 %

Compromiso

Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso. O número de hectáreas poderá reducirse como máximo un 10 % da superficie suxeita este ao inicio do compromiso, sempre que non comprometa o obxecto da submedida.

B

100 %

Compromiso

Non implantar cultivos nas superficies con pendentes superiores ao 10 % excepto para establecer pasteiros ou rexenerar o pasto.

P

20 % se a superficie afectada supera 0,5 ha

Compromiso

A superficie de millo e doutros cultivos forraxeiros (distintos de prados de menos de 5 anos) será menor ou igual ao 20 % da superficie forraxeira da explotación.

B

100 %

Compromiso

O pastoreo ocupará polo menos o 70 % da superficie de prados e pastos permanentes da explotación.

B

50 %

Compromiso

Manter actualizado un caderno de explotación co contido mínimo indicado na orde de convocatoria e co rexistro das actuacións de pastoreo.

-

Non dispoñer de caderno, non ter o contido mínimo ou estar sen cubrir.

B

100 %

Non estar actualizado (non contén rexistros recentes).

S

5 %

Liña base

BCAM 5 Xestión mínima das terras para evitar a erosión.

S

5 %

d) Extensificación vacún de leite.

Tipo

Descrición

Clasificación (E/B/P/S/T)

Sanción

Requisito

Ser titular dunha explotación inscrita no Rexistro de explotacións gandeiras (Rega).

E

100 %

Requisito

Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

E

100 %

Requisito

Recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade de aconsellamento inscrita no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia (Resaxega).

E

100 %

Compromiso

Dispor dun mínimo de 10 ha de superficie forraxeira indemnizable (superficie forraxeira situada no municipio da explotación ou limítrofes).

B

100 %

Compromiso

Manter na explotación unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e máxima de 2 UGM/ha.

P

20 %

Compromiso

Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso. O número de hectáreas poderá reducirse como máximo un 10 % da superficie suxeita este ao inicio do compromiso, sempre que non comprometa o obxecto da submedida.

B

100 %

Compromiso

Non implantar cultivos nas superficies con pendentes superiores ao 10 % excepto para establecer pasteiros ou rexenerar o pasto.

P

20 % se a superficie afectada supera 0,5 ha

Compromiso

As UGM correspondentes aos animais de máis de 12 meses de razas bovinas de aptitude eminentemente leiteira deberán ser, polo menos, o 70 % do total de UGM da explotación.

P

20 %

Compromiso

A superficie de millo e doutros cultivos forraxeiros (distintos de prados de menos de 5 anos) será menor ou igual ao 25 % da superficie forraxeira da explotación (excluíndo o pasto arbustivo e o pasto con arboredo).

B

100 %

Compromiso

O pastoreo ocupará polo menos o 50 % da superficie de prados (temporais e permanentes) da explotación.

B

50 %

Compromiso

Manter actualizado un caderno de explotación co contido mínimo indicado na orde de convocatoria e co rexistro das actuacións de pastoreo.

-

Non dispoñer de caderno, non ter o contido mínimo ou estar sen cubrir.

B

100 %

Non estar actualizado (non contén rexistros recentes).

S

5 %

Liña base

BCAM 5 Xestión mínima das terras para evitar a erosión.

S

5 %

2. Medida 11. Agricultura ecolóxica: submedida 11.1. Conversión agricultura ecolóxica (conversión agricultura ecolóxica, conversión gandaría ecolóxica e conversión apicultura ecolóxica) e submedida 11.2. Mantemento agricultura ecolóxica (mantemento agricultura ecolóxica, mantemento gandaría ecolóxica e mantemento apicultura ecolóxica).

Tipo

Descrición

Clasificación (E/B/P/S/T)

Sanción

Requisito

Ser titular dunha explotación agraria inscrita no correspondente rexistro de explotacións.

E

100 %

Requisito

Reunir a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014.

E

100 %

Requisito

Recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade de aconsellamento inscrita no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia (Resaxega).

E

100 %

Compromiso

Empregar as técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) nº 834/2007 e demais normativa de aplicación durante todo o ano.

100 %

B

Compromiso

Estar inscrito como produtor no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica.

100 %

B

Compromiso

Obter a certificación da produción agraria como ecolóxica, de acordo co Regulamento (CE) nº 834/2007.

100 %

B

Compromiso

Manter a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. O número de hectáreas poderá reducirse como máximo un 10 % da superficie suxeita a este ao inicio do compromiso, sempre que non comprometa o obxecto da submedida.

100 %

B

Compromiso

Manter actualizado un caderno de explotación co contido mínimo indicado na orde de convocatoria para os efectos dun control das producións.

 

Non dispoñer de caderno, non ter o contido mínimo ou estar sen cubrir.

B

100 %

Non estar actualizado (non contén rexistros recentes).

S

5 %

Compromiso

Manter como mínimo 80 colmeas suxeitas a estes compromisos.

B

100 %

Compromiso

Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os anos que dura o compromiso. Para estes efectos consideraranse comprometidas e primables un máximo de 80 colmeas por alvariza que cumpra o exixido en canto á distancia no compromiso seguinte.

P

20 %

Compromiso

A distancia entre as alvarizas será polo menos de 1 km.

S

5 %

Liña base

Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

S

5 %

Liña base

Manter actualizado o rexistro de tratamentos fitosanitarios, de acordo co establecido no artigo 16 do Real decreto 1311/2012 e nos artigos 3 e 4 da Orde APA/326/2007.

S

5 %

3. Medida 13. Pagamentos a zonas con limitacións naturais: submedida 13.1. Pagamentos compensatorios áreas de montaña e submedida 13.2. Pagamentos compensatorios áreas con limitacións naturais.

Tipo

Descrición

Clasificación (E/B/P/S/T)

Sanción

Requisito

Reunir a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014.

E

100 %

Requisito

Reunir a condición de agricultor non pluriactivo:

a) No caso das persoas físicas, serán aqueles que cumpran a condición de agricultor a título principal (ATP) ou explotación prioritaria.

b) No caso de persoas xurídicas ou de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, os que cumpran a condición de explotación prioritaria.

E

100 %

Requisito

Manter unha carga gandeira de polo menos 0,7 UGM/ha en zonas de montaña e de 0,9 UGM/ha nas demais zonas con limitacións.

E

O 100 % da superficie forraxeira non será elixible

Requisito

Dispoñer dun mínimo de 2 ha de superficie indemnizable (S.I.) nos concellos correspondentes á submedida

E

100 %

Outras obrigas

Superficie de cultivo abandonado. Segundo o % de superficie afectada por este incumprimento:

• 0-5 %

• 5-20 %

• 20-100 %

T

P

B

1 %

20 %

50 %

Outras obrigas

Produto (cultivo) e variedade non válido para a liña de axuda. Segundo o % de superficie afectada por este incumprimento:

• 0-5 %

• 5-20 %

• 20-100 %

T

P

B

1 %

20 %

50 %

Outras obrigas

Produto (cultivo) válido para a liña de axuda pero non coincide co grupo de produto declarado. Segundo o % de superficie afectada por este incumprimento:

• 0-10 %

• 10-20 %

• 20-50 %

• 50-100 %

T

S

P

B

1 %

5 %

20 %

50 %

Outras obrigas

O uso Sixpac do recinto, sendo un uso agrícola, non é compatible con esta axuda. Segundo o % de superficie afectada por este incumprimento:

• 0-5 %

• 5-20 %

• 20-100 %

T

P

B

1 %

20 %

50%

Outras obrigas

O produto (cultivo) declarado no recinto onde se solicite esta axuda non é compatible co uso asignado en Sixpac. Segundo o % de superficie afectada por este incumprimento:

• 0-10 %

• 10-20 %

• 20-50 %

• 50-100 %

T

S

P

B

1 %

5 %

20 %

50 %