Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (57/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 57/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Meijide Vázquez, Berta Rey Piñeiro, Milagros Iglesias Dobarro e o Fogasa contra Conforocio Consultora, S.L. sobre ordinario, acordouse:

Continuar a presente execución por modificarse a circunstancias que motivaron a suspensión, e continuar esta ata a completa satisfacción da parte executante.

Decrétase pola presente resolución o embargo dos seguintes bens pertencentes a Conforocio Consultora, S.L. e que a continuación se describen:

Rendas e froitos que xera a actividade empresarial de Conforocio Consultora, S.L.

Sinálase para o próximo día 15.12.2016, ás 9.45 horas a comparecencia para resolver sobre a solicitude de nomeamento de administrador xudicial da executada. Cítense as partes e o Fogasa.

E para que sirva de notificación en legal forma a Conforocio Consultora, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza