Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (97/2016).

Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 97/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Galiñanes Bouzas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Acsa Administración de Fincas, S.L., Mutua Gallega, Tesouraría Xeral da Seguridade Social Asesoría Xurídica, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Estimando a demanda interposta por Silvia Galiñanes Bouzas, fronte a Acsa Administración de Fincas, S.L., Mutua Gallega e INSS e TXSS declaro o dereito da demandante a percibir a cantidade de 628,46 euros, por diferenzas na prestación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común correspondente ao período do 14 de novembro de 2014 ao 18 de marzo de 2015, condeno as demandadas a avirse a esta declaración e ao seu aboamento, e declaro a responsabilidade directa da empresa demandada e obriga de anticipo da Mutua, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da Mutua.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún, artigo 191.2.g) da LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Acsa Administración de Fincas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza